O Concello da Coruña condena o último crime machista perpetrado en Zaragoza
O Concello da Coruña condena o último crime machista perpetrado na madrugada deste mércores en Zaragoza e convoca a toda a Corporación, así como aos traballadores e traballadoras municipais, a concentrarse mañá ás 12.00 horas ás portas do Pazo de María Pita e do resto de centros de traballo municipais, para gardar un minuto de silencio. A medida, que pretende amosar o respecto e solidariedade coa familia e amizades da vítima e a repulsa ante as violencias machistas, responde ao protocolo asinado polo Pleno da Corporación municipal.
Pola súa banda, a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, insiste “na necesidade de que todas as forzas políticas asuman a prevención e a erradicación das violencias machistas como unha prioridade”. Do mesmo xeito, Fraga reitera a que “a lexislación ten que abranguer todos os tipos de violencia aos que nos vemos sometidas e que teñen a súa máxima expresión nos asasinatos”.











