O Concello da Coruña condena o último crime machista perpetrado en Lebrija

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña condena o último crime machista perpetrado na mañá deste mércores en Lebrija (Sevilla) e convoca a toda a Corporación, así como aos traballadores e traballadoras municipais, a concentrarse mañá ás 12.00 horas ás portas do Pazo de María Pita, para gardar un minuto de silencio, como mostra da repulsa ante este novo asasinato e en cumprimento do protocolo aprobado por unanimidade de grupos municipais no Pleno do pasado 14 de setembro .

O Goberno local quere transmitir as súas condolencias á familia e amizades da vítima, así como condenar esta e o resto de agresións a mulleres, tal e como salienta a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, quen pediu hoxe “o compromiso de todas as forzas políticas, para que fagan da loita pola erradicación das violencias machistas unha verdadeira cuestión de Estado”. Fraga tamén fixo un chamado á “concienciación cidadá” e lembra que “os programas de prevención son a principal vía para rematar coa violencias machistas, ademais do necesario reforzo en todo o Estado dos servizos de apoio ás mulleres en situación de malos tratos”.

9 de decembro de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.