publicidade hoxe

O Concello colabora coas florarías Flores Rita e La Flor Floristas na decoración das rúas de Tui polo Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O Concello de Tui coa colaboración das florarías Flores Rita e La Flor Floristas están adornando as rúas do casco urbano co gallo das festas do Nadal. Deste xeito segundo explica o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, o Concello de Tui aposta por embelecer as principais rúas tudenses durante, o que agardan contribúa a dinamizar a actividade comercial e atraer visitantes á cidade. O material empregado resiste as inclemencias do tempo de tal xeito que se poderán gardar para ser empregado en próximos anos.

As florerías Rita e La Flor están a elaborar e colocar distintos adornos en tons branco e vermello. Así por unha banda tanto no Paseo da Corredoira coma noutras rúas do casco urbano están a colocar conos de médula  con lazos de organza ou rafia e estrelas. Mentres a Porta da Pía e as prazas do Concello e de San Fernando locen xa guirnaldas con coroas de Nadal. Outro dos motivos serán tótems florais que se instalarán na Praza de Galicia, na Glorieta de Vigo ou na intersección entre as rúas Compostela e Mondoñedo. Tamén serán decoradas as prazas de Fromista e da Armada no Conxunto Histórico. Outro dos lugares singulares que lucirán estes adornos será a vella Ponte Internacional onde na varanda peonil se colocarán tres grupos de adornos así coma unha guirnalda na parte española.  Toda a decoración ao completo poderá verse esta próxima fin de semana. 

Estes adornos súmanse ao alumeado acendido o pasado 4 deste mes, para embelecer Tui nestas datas festivas. 

14 de decembro de 2015 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.