publicidade hoxe

O Concello acolleu a entrega de cinco carros e unha cesta con produtos de Nadal aos premiados da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

Os gañadores da segunda quenda de sorteos da campaña municipal “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, recolleron esta mañá os seus premios no Concello. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, felicitou aos gañadores dos sorteos realizados a última semana e animounos a continuar mercando nos comercios locais, apostando polas múltiples posibilidades e a calidade que ofrece o sector no municipio.

Os cinco carros de compra con produtos de Nadal foron para Carlos Gutiérrez, Bernadette Román, Carlos Calvo, Carmen Villar e Mónica Dopico, que resultaron premiados coas papeletas depositadas nos establecementos Ferretería Fir, Calzados Star, Accesorios Jufín, La Tienda de Chelo e Aelectro Sensor, respectivamente. A cesta sorteada nesta ocasión foi para Alfonso Ramos, grazas a unha papeleta depositada no establecemento Parafarmacia Andoriña.

O vindeiro día 28 de decembro procederase a realizar unha nova entrega de catro carros e unha cesta con produtos de Nadal e a última programada nesta campaña municipal será o día 4 de xaneiro. As persoas que realicen compras nos establecementos adheridos a esta iniciativa terán a oportunidade de recibir algún destes agasallos ao cubrir as papeletas que se entregan ao realizar o pago e depositalas nas urnas habilitadas para os sorteos. Para consultar os establecementos adheridos e as actividades programadas con cargo a esta campaña pódese consultar a páxina: www.comerciodenaron.es.

21 de decembro de 2015 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.