O Club de Patinaxe Artística Condado Salvaterra organiza o Festival de Nadal
O Club de Patinaxe Artística Condado Salvaterra organiza el próximo día 20 de Decembro o Festival de Nadal 2015. A exhibición terá lugar no pavillón municipal de Salvaterra ás 18:00h. Contará con todos os patinadores do CPA Condado Salvaterra así como das súas escolas deportivas de Alxen, Leirado e Ponteareas.
Nesta exhibición poderemos ver o gran labor dos patinadores que participaron nos campionatos galegos e campionatos de España, así como a base futura do club, o recente grupo de show que obtivo o segundo posto no Trofeo Internacional da Latina (Madrid) e o primeiro posto no campionato galego de 2ª e a gran canteira da que dispoñen nas súas respectivas escolas.
Ademais o CPA Condado Salvaterra ofrecerá a todos os asistentes unha gran chocolatada e moitas sorpresas que serán o broche final desta marabillosa xornada.