O Club Balonmán Tui organiza o Torneo de Nadal este sábado no que se renderá homenaxe a Queli Bautista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTui
A-
A+

Este sábado, 26 de decembro, dende as 10.30 ata as 23.00 horas, no novo pavillón municipal de deportes, se realizará o Torneo de Nadal de Balonmán, organizado polo Club Balonmán Tui. Durante todo o día disputaranse partidos entre as diferentes categorías do club.

Dentro dos actos deste torneo, ás 18.00 horas, o Club Balonmán Tui renderá homenaxe á exxogadora, recentemente falecida, Queli Bautista, no que participarán as súas excompañeiras do equipo e tódolos integrantes da familia do balonmán.

As seleccións galegas cadete e infantil feminino en Tui 

Por outra banda, tamén dentro do deporte do balonmán, e como preparación para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que se desenvolverá en Almería, do 3 ao 8 de xaneiro, as seleccións galegas cadete e infantil feminino concentraranse en Tui, o sábado 26 e domingo 27, para realizar os últimos adestramentos antes desta importante cita. 

A Federación Galega de Balonmán segue contando co apoio do Concello de Tui, ao dispoñer dos pavillóns deportivos municipais para realizar estas concentracións.

 

24 de decembro de 2015 | 11:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.