publicidade hoxe

O Burela FS impúxose ao Poio Pescamar FSF na Copa Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén continúa sen erro na Copa Galicia. Esta tarde impúxose 3-2 ao Poio Pescamar FSF en Vista Alegre, no seu segundo compromiso na competición.

Comezaron moi enchufadas as laranxas. No primeiro minuto a máxima artilleira burelista xa adiantaba o Pescados Rubén 2-0. Aos 38 segundos tras balón parado e pouco despois superando a meta pontevedresa e recollendo o rexeitamento ao pau; antes xa dispuxeran as de Lucas dunha gran contra entre Peque e Lara. No entanto, o encontro adquiriu un ritmo frenético, con continuas idas e vidas, que axiña prexudicou os intereses mariñáns. No minuto 2, Jenni reduciu ao 2-1, nunha liorta na área en tentativas encadeadas de despexe por parte de Eva. Co paso dos minutos, ambas as escuadras deceleraron na súa ansiedade e tomaron posicións sobre a pista. Superado o ecuador da primeira parte, Maite concedeulle un balón cruzado a Lara que desbaratou Yarie. Eva e a capitá burelista estiveron moi atentas no que puido ser a igualada do Poio, no minuto 13, cun lanzamento de Moldes que ao final se perdeu pola liña de fondo, desviado. A pichichi laranxa dispuxo de novo dunha das mellores ocasións das de Lucas, antes de chegar ao descanso, a punto de cumprirse o minuto 18; o pau impediu subir o terceiro para as da casa.

No reinicio, o primeiro aviso tivo como protagonista a Jenni, cun balón raso que rozou o pau ante a defensa de Jozi. No entanto, paseniño as filas burelistas foron buscando ocos para atopar de novo a portería rival. No 26, intentouno Ceci dende a banda, con despexe da defensa pontevedresa; no 27, Peque puxo en pé a bancada laranxa, superando en galopada as filas do Poio e por fin chegou o terceiro. Ceci ampliou a fenda, asistida por Maite nunha recuperación. Con cinco faltas, o Poio optou por xogo de cinco nos últimos seis minutos. Pouco despois, Peque tamén se enfundou na camisola de porteira xogadora indo a por todas. Porén, aí atoparon oco as pontenvedresas para reducir co 3-2, de Jenni, a falta de 1 minuto 22 segundos, sen tempo para máis.

Olivo FSF

O Burela FS Pescados Rubén disputará o terceiro e último compromiso de grupos de Copa Galicia. Será na pista viguesa do Olivo FSF, de Autonómica, a partir das 21.15 horas.

16 de decembro de 2015 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.