publicidade hoxe

“O Apalpador” visitará o local social de San Mateo este mércores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A Agrupación Veciñal de San Mateo e a Escola de Ensino Galego Semente organizan, coa colaboración do Concello de Narón, unha visita do “Apalpador” ao local social de San Mateo. A cita será este mércores, día 23, a partir das 17.00 horas, e estará cargada de sorpresas para os nenos e nenas, que ademais de ver ao tamén coñecido como “Apalpabarrigas” poderán gozar dunha xornada de música, xogos e unha merenda, que será de balde para todos os asistentes.

Os organizadores do evento animan á veciñanza a desprazarse o día 23 ata o local social da citada parroquia para asitir a esta actividade programada con motivo das festas de Nadal, época na que se deixa ver este xa mítico personaxe galego que se caracteriza por ir tocando as barrigas dos nenos e nenas para ver se comeron dabondo durante o ano e tamén deixarlles algúns agasallos.

21 de decembro de 2015 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.