O alumnado do Colexio Lar felicita as festas cun orixinal videoclip

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Belén vivente

Belén vivente

O alumnado do Colexio Lar celebra estes días o Nadal e despídese até o ano próximo con múltiples actividades e cun orixinal e divertido videoclip a través do cal nos felicita a todos por estas datas.

Os de Educación Infantil, de O Lar dos Pitufos, son quizais os que gozan máis desta época festiva. Organizaron un concurso de postais e ademais os de 3 anos protagonizaron un belén vivente, os de 4 un conto de Nadal e os máis maiores de 5 anuncios do Nadal.Por outra banda, os máis pequeniños do centro, de O Lar de Babylar, realizaron manualidades para colgar na árbore de Nadal

Esta semana foi tamén especial para o resto do alumnado do colexio. Os de Educación Primaria celebraron as tradicionais competicións deportivas do Nadal de brilé, balonmán, fútbol e baloncesto e os estudantes de 2º de Bacharelato acudiron ao Salón Unitour, no Auditorio Mar de Vigo, para coñecer as ofertas e as saídas profesionais de 32 institucións públicas e privadas españolas e estranxeiras.

Ademais, xusto na xornada de hoxe os alumnos de ESO e de Bacharelato celebran o tradicional maratón de fútbol sala de Nadal e péquelos de O Lar de Babylar a súa función de Nadal.

O videoclip pode verse en: http://www.colegiolar.es/cms/?noticias/2015/12/17/merry-christmas-and-a-happy-new-year.html

18 de decembro de 2015 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.