O alclade de Vilagarcía convoca a grupos e colectivo á xuntanza sobre o emprazamento do “Obelisco”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os grupos da Corporación Municipal e os representantes da Asociación pola Defensa do Patrimonio foron convocados polo alcalde, Alberto Varela, á reunión que terá lugar mañá, xoves, á unha da tarde no Concello, para abordar o emprazamento do denominado “obelisco”. Con esta convocatoria o rexedor da cumprimento ao acordo adoptado o xoves polo Pleno no que se solicita unha xuntanza conxunta para tratar o asunto.

Ademais do propio alcalde, os voceiros de todos os grupos da Corporación e os representantes da Asociación pola Defensa do Patrimonio, asistirán á reunión os técnicos municipais (Arquitecto e Historiador) e a concelleira de Urbanismo.
O encontro ten como finalidade exponer aos grupos da oposición, como anteriormente se fixo aos representantes do colectivo, os argumentos a favor e en contra dos dous posibles emprazamentos que se están a baraxar: A Praza de Galicia e a desembocadura da Rúa Rey Daviña na Praza da Constitución.

2 de decembro de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.