O alcalde e o concelleiro de Promoción Económica de Vilagarcía reciben o venres á nova directiva de Ahituvi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Promoción Económica, Juan Antonio Pérez Callón, recibirán o venres á nova directiva da Asociación de Hostaleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía. Ademais de coñecer persoalmente ao equipo que preside José Dieste, o goberno local interesase polos plans e proxectos que o colectivo pretende levar a cabo para dinamizar a actividade hostaleira e turística do municipio e, como ata o de agora, ofrecerán a colaboración do Concello para todo o que redunde en beneficio deste importante sector para a economía local vilagarciá.

Tras a celebración deste encontro, o Concello xa poderá convocar aos diferentes sectores económicos da cidade implicados na actividade turística co obxectivo de abordar a creación dun órgano encargado da promoción e xestión turística en Vilagarcía no que todos teñan representación.

Xa hai meses que se mantivo a primeira reunión neste sentido, encontro no que o goberno local entregou aos representantes de todos os colectivos e entidades participantes, documentación sobre os distintos modelos nos que se pode constituír este organismo a efectos de elixir o que consideren máis conveniente ou eficaz para desenvolver en Vilagarcía.

7 de decembro de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.