publicidade hoxe

Noméanse seis novos representantes da Xunta do Padroado da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O Pazo da Cultura de Narón acolleu o pasado mércores, día 16, a celebración das eleccións para nomear aos representantes na Xunta do Padroado do Concello de Narón. Como resultado do proceso realizado resultaron elixidos: Antonio López Anca, do CEIP A Solaina, en representación dos Consellos Escolares dos colexios públicos de Narón; Manuel Pernas Rodríguez e Xosé Francisco Roade Servia, das asociacións de veciños Trasancos de Santa Icía e O Couto, respectivamente, e en representación das entidades culturais da localidade: Avelino Rouco Hermida, da Asociación Cultural Sementeira, María Isabel Mouriz Prieto, da Sociedade Cultural Areosa, e Óscar Beceiro Hermida, da Asociación Cultural Sieiro.

17 de decembro de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.