Nolito estará de baixa non menos de catro semanas por unha rotura fibrilar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O dianteiro do RC Celta Nolito sofre unha rotura fibrilar no recto anterior da coxa dereita, segundo desvela a ecografía á que foi sometido esta tarde por parte dos servizos médicos do club. O responsable desta área, o doutor Juan José García Cota, explicou que o tempo de recuperación da lesión, producida no tramo final do partido do pasado sábado ante o Espanyol en Balaídos, non será inferior a catro semanas.

14 de decembro de 2015 | 20:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.