Nava Castro comproba os traballos de restauración do Retablo Maior do Convento Franciscano de Herbón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Nava Castro na visita ao Convento Franciscano de Herbón

Nava Castro na visita ao Convento Franciscano de Herbón

Nava Castro visitou esta tarde a igrexa do Convento Franciscano de Herbón onde Turismo de Galicia, no marco da celebración do VIII Centenario de San Francisco de Asís a Compostela, levou a cabo a restauración do Retablo Maior dedicado a San Antonio.

O retablo ten unha importante relevancia tanto histórica como artística e conta coa declaración de Ben de Interese Cultural dende o ano 2013.

O estado de conservación deste retablo barroco, que data de 1.708, sufriu un deterioro acelerado nos últimos anos, debido principalmente ao alto grado de humidade ambiental.

Grazas á achega de Turismo de Galicia levouse a cabo un proxecto de restauración deste Retablo Maior de San Antonio que constitúe unha das obras máis singulares da zona.

A restauración incluíu, entre outras fases, a consolidación do soporte, a colocación de anclaxes novos, o illamento no reverso, a restauración das tallas e a desinsectación, entre outras intervencións.

Durante a visita, a directora de Turismo de Galicia destacou que este retablo está situado nunha paraxe de gran beleza natural, ao carón do río Ulla, bordeado por un amplo conxunto de ladeiras, constituíndo un gran reclamo turístico da Comunidade galega.

Así mesmo, Nava Castro sinalou que esta rehabilitación únese a outras recuperacións realizadas nos últimos anos que consolidan a aposta da Xunta de Galicia polos espazos tradicionais de gran valor patrimonial e arquitectónico.

1 de decembro de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.