Minuto de silencio na praza do Obradoiro polo último asasinato machista e polos dous policías mortos nun atentado en Afganistán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista en Alcobendas (Madrid) e o atentado que lle custou a vida a dous policías en Kabul (Afganistán).

Varios membros da Corporación e traballadores do Concello sumáronse ao acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada o pasado venres no municipio madrileño de Alcobendas. Ese mesmo día produciuse o atentado que lle custou a vida a dous policías en Kabul (Afganistán). Para eles tamén foi a lembranza dos congregados na praza do Obradoiro.

14 de decembro de 2015 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.