publicidade hoxe

Merchi Rodal presenta o seu novo libro de “lambetadas” en Bueu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A sala Domínguez Búa acolle HOXE A PARTIR DAS 20 HORAS a presentación do libro de receitas “Novas lambetadas dunha larpeira feliz” de Merchi Rodal. Esta canguesa, coñecida pola súa participación no programa da TVG Larpeiros proponnos un novo libro de inspiración galega: amendoados, arroz con leite, empanada de mazá.

Este libro súmase a As lambetadas de Larpeiros e ambos teñen en común a combinación das técnicas tradicionais e populares galegas coa inventiva propia. E todo iso aderezado con moita orixinalidade.

Este acto está organizado pola Librería Miranda, en colaboración co Concello de Bueu, e contará coa participación da autora e do editor Francisco Castro.

18 de decembro de 2015 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.