publicidade hoxe

Medio milleiro de persoas contemplaron o acendido da iluminación de Nadal en Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Onte celebrouse o acendido oficial do alumeado de Nadal mosense, na Praza do Concello, precedido dunha festa infantil amenizada pola Compañía Diverti-Mos e que incluiu, dende as 17.00 horas da tarde, talleres para os cativos de globoflexia, tatuaxes pintados, maquillaxe e actividades diversas de animación.

Tras a festa infantil chegou o acendido realizado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, axudada por unha pequena do público. Tamén estiveron presentes durante a tarde de onte outros membros do equipo de goberno local como por exemplo a concelleira de Cultura e Política Social, Sara Cebreiro, a edil de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, o de Alumeado e Vías e Obras, Luis Alonso; así como Camilo Augusto, Julia Loureiro etc.

A iniciativa contou cuns 500 asistentes entre os que se atopaban nenos e nenas mosenses, chegados das dez parroquias, acompañados das súas respectivas familias. Todo un éxito de afluencia e de satisfacción dos presentes, que tamén puideron disfrutar da marabillosa voz da xoven promesa da canción, Antía Caride, veciña de Pereiras, que interpretou unha fermosa peza navideña.

O colofón final a esta entrañable tarde púxoo un chocolate quente con rosca para todo o público, que rematou de endulzar esta xornada de inicio da tempada de Nadal.

A concelleira de Cultura manifestouse “satisfeita co resultado desta primeira actividade navideña que esperamos marque unha tendencia constante durante o resto do Nadal no que a participación veciñal se refire”, declarou Sara Cebreiro. Quen engadiu que “dende o Concello de Mos deseñamos unha programación para estas datas tan entrañables e sinaladas do ano, pensada para tódolos gustos, idades e públicos; por iso incluímos unha oferta de iniciativas moi ampla”, concluiu a edil.

9 de decembro de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.