publicidade hoxe

Medio cento de maiores de Brión participa nunha charla sobre seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

Dúas coordinadoras de Educación Viaria da Xefatura Provincial de Tráfico na Coruña impartiron unha charla sobre seguridade viaria onte mércores no centro social polivalente de Brión, na que tomaron parte preto de medio cento de maiores. As coordinadoras indicaron que Galicia é a comunidade onde máis atropelos se producen e, aínda que hai causas como a dispersión da poboación ou o elevado número de travesías, insistiron que o gran problema adoita ser os excesos de confianza.

Acompañadas por material audiovisual e polo xefe de Policía Local de Brión, as dúas coordinadoras de Tráfico ofreceron aos maiores unha serie de consellos sobre seguridade viaria, facendo fincapé na necesidade de facerse visibles ante os condutores. Por iso mesmo, ao rematar a sesión se lles entregou un chaleco reflector a cada un dos asistentes. Esta charla é froito dunha colaboración entre a Xefatura Provincial de Tráfico e o Concello de Brión.

17 de decembro de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.