Martes de contacontos en Ribadumia
O Concello de Ribadumia organiza dúas sesións de Contacontos para estas vacacións de Nadal dirixidas ós máis pequenos e ás súas familias. As actividades levaranse a cabo os martes 22 e 29 de decembro a partir 17:00 horas e a entrada é libre.
PROGRAMA:
Martes 22 de decembro no Centro Social de Barrantes a partir das 17:00h.
“Contos na lareira”: A actividade distribuirase en dúas sesións: unha primeira que contará coa lectura dunha gran variedade de contos (poemas, mímica, contos interactivos…) e unha segunda na que os pequenos poderán participar nun taller de creación de títeres de pao, de escenificacións e atrezzo.
Duración aproximada: 2h 30min
Martes 29 de decembro na Casa da Cultura de Ribadumia (Biblioteca Municipal) a partir das 17:00 horas
“Un paxe real en apuros”: visita moi especial por parte dun dos paxes das súas maxestades os Reis Magos. Este paxe real contará ós pequenos cómo é a vida na corte real e cómo se preparan para esa noite tan especial, todo acompañado de historias, anécdotas e vivencias.
Por todo iso, dende o Concello de Ribadumia esperamos unha boa acollida por parte dos pequenos e as súas familias e convidamos a todos os veciños a disfrutar deste Nadal coa maxia e imaxinación dos contacontos.