Marisol Díaz Mouteira recibe ao delegado provincial de Gas Natural Fenosa de Galicia

Marisol Díaz na reunión con Rubén Menéndez
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá delegado de Gas Natural Fenosa na provincia ourensá, Rubén Menéndez Fernández. Na xuntanza abordaron diversos aspectos nos que a Xunta e a compañía eléctrica están implicadas e analizaron liñas de cooperación para garantir a subministración eléctrica a tódolos ourensáns. Neste senso, Díaz Mouteira ofreceulle ao delegado de Gas Natural en Ourense colaboración do Goberno galego para traballar de xeito coordinado no acceso da cidadanía a esta enerxía.
Este encontro enmárcase dentro da rolda de reunións que Marisol Díaz está a celebrar cos principais representantes das entidades ourensás desde que o pasado mes de outubro tomou posesión como nova responsable da Xunta na provincia.











