Marea responsabiliza a Caballero da anulación do PXOM de Vigo por querelo aprobar por narices

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

O Grupo Municipal da Marea de Vigo denunciou este martes a responsabilidade do alcalde, Abel Caballero, na anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (por sentenza do Tribunal Supremo), por querer aprobar “polos seus narices” o documento, “trampeando” para sortear o requisito da avaliación ambiental estratéxica de forma “deliberada”.

O voceiro do grupo, Rubén Pérez, recordou que a ausencia desa avaliación ambiental foi denunciada dende hai anos e que os colectivos que o advertían foron “ninguneados” e descualificado. “Se o plan estivo parado durante dous anos, ¿a que veu logo tanta présa para aprobalo? Foi unha decisión política”, apuntou.

Segundo Pérez, o Concello de Vigo, primeiro co PP e logo co PSOE, solicitou en varias ocasións poder saltarse ese trámite, porque sabía que o plan non pasaría ese filtro, entre outras cuestións, pola “edificabilidade brutal”, a inclusión de Porto Cabral, porque prevé “unha rolda que corta a cidade” e porque se fixo “ao albur das políticas da burbulla urbanística”.

A propia Comisión Europea, subliñou Pérez, advertiu de que o plan non tiña encaixe na normativa europea ambiental. Por iso, denunciou que “o que se fixo foi trampear” de xeito deliberado e consciente” e que “se fixo oportunismo político porque Caballero quería ser o alcalde que aprobase o PXOM, como fixo nun pleno vergonzoso”.

EXPLICACIÓNS

A Marea de Vigo, que considera que será necesario redactar un novo Plan Xeral, avanzou que “hai que pedir responsabilidades políticas” e que solicitará “explicacións” no próximo Pleno á concelleiro de Urbanismo, María Xosé Caride (que aprobou inicialmente no PXOM cando era conselleira no bipartito), sobre os próximos pasos “para emendar esta chapuza orquestrada por Abel Caballero”.

Rubén Pérez reiterou que, ata que chegou Cabalkero á Alcaldía, “houbo certa mesura”, pero que, cando se produciu a “conxunción cósmica” do PSOE na alcaldía de Vigo e na Xunta, se acelerou o proceso para aprobar o plan e “se”empezou a mover toda a maquinaria”.

O voceiro da Marea afirmou que “haberá que explicar os custos desta anulación”, e advertiu das consecuencias da resolución do Supremo no que respecta a actuacións pendentes, como a ampliación do polígono de Balaídos, ou as legalizacións de actuacións que estaban ameazadas de derrubamento polos tribunais.

1 de decembro de 2015 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.