Licítase a redacción do proxecto de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación da redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense, por un importe de preto de 148.000 euros. No DOG indícase un prazo de 3 meses para o proxecto básico e de 6 meses para o total do proxecto construtivo, a contar desde a sinatura do contrato. A data límite para a presentación de ofertas ao concurso é o vindeiro 19 de xaneiro. No seguinte enlace pódese consultar este trámite: http://goo.gl/HsxcbA

O proxecto de intermodal para Ourense supón achegar a estación de autobuses a unha ubicación máis céntrica e facilitar o intercambio de viaxeiros entre modos de transporte. As actuacións integrais no eido da intermodalidade inclúen actuacións de adaptación de andéns e de conexión entre barrios a ambos lados das vías ferroviarias por parte do Adif.

A nova de estación de autobuses situaríase xunto á estación ferroviaria e detrás do centro de saúde. Segundo a análise dos estudos previos realizados pola Xunta de Galicia para avanzar na estación intermodal, a terminal de autobuses deberá contar con 19 dársenas. Ademais, construirase un edificio terminal duns 430 m2 e a superficie total chegará a 5.800 m2. Tanto a terminal como as dársenas se construirían ao nivel da rúa.

A Xunta de Galicia deberá redactar en 2016 o proxecto básico e de execución, incluíndo a reposición en superficie do aparcadoiro de turismos. Tamén lle corresponderá executar e financiar con cargo as obras da nova estación incluíndo o aparcadoiro en superficie.

As actuacións integrais no eido da intermodalidade en Ourense inclúen actuacións por parte do ADIF de adaptación de andéns e de conexión entre barrios a ambos lados das vías ferroviarias.

O Goberno galego aposta pola intermodalidade para fomentar o uso do transporte público en detrimento do vehículo privado e acadar unha mobilidade máis sustentable na comunidade.

Cómpre lembrar que A Xunta realizou recentemente estudos de tráfico para avanzar na integración da terminal de autobuses na nova estación intermodal de Ourense. Estes traballos enmárcanse no estudo previo co fin de determinar as condicións axeitadas para unha integración eficiente.

30 de decembro de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.