publicidade hoxe

Licítase a redacción do proxecto de construción da vía de conexión da A-52 co polígono de San Cibrao das Viñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSan Cibrao das Viñas
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación da redacción do proxecto de construción da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, no treito entre a autoestrada e a N-525. Neste anuncio sinálase que a presentación de ofertas pode realizarse ata o vindeiro 10 de febreiro. No seguinte enlace pódese consultar a resolución publicada hoxe: http://goo.gl/KIXYaD

O orzamento de licitación para a redacción deste proxecto ascende a un importe total de 337.000 euros.

O obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda é que a redacción do proxecto construtivo se poida realizar en 2016, unha vez que remate a información pública e se aprobe definitivamente o proxecto de trazado e a avaliación de impacto ambiental.

O Goberno galego conta coa correspondente partida orzamentaria en 2016 para esta infraestrutura, ao tempo que se reservan os fondos necesarios para executala nos orzamentos futuros. Ademais os esforzos do Executivo autonómico lograron a disposición de 15 millóns de euros de fondos FEDER, do período operativo 2014-2020, para garantir a execución desta conexión.

Primeiramente, traballouse para acadar a alternativa máis viable e máis axeitada, un trazado que compaxinase a menor afección posible aos terreos, edificacións e infraestruturas xa existentes cos requirimentos técnicos que ten unha vía destas características. Así, deseñouse unha nova conexión que comeza no enlace de Gargantós da A-52, onde se conecta a propia autovía co viario local e a autovía AG-31 (Ourense-Celanova); e que discorre ata a N-525, ao sur do acceso ao polígono industrial.

A vía, que contará con 4,5 quilómetros de lonxitude que toca aos e percorre os termos municipais de San Cibrao das Viñas e de Taboadela, reduce o percorrido de conexión coa autovía en aproximadamente nun 66%, ao pasar de 11 a 4,5 quilómetros; e, paralelamente adicionalmente, mellora a conectividade coa autovía de Celanova.

Pulo á industria

O polígono de San Cibrao das Viñas conta con 5 millóns de metros cadrados de superficie; con máis de 300 empresas instaladas; e dá emprego a preto de 8.000 persoas. Un motor económico para toda a provincia que precisa das boas conexións coa rede viaria de alta capacidade para incrementar a súa eficacia na distribución de materias e mercadorías e xerar maior actividade.

Coas actuacións proxectadas preténdese impulsar unha conexión estratéxica que atenderá a demanda empresarial e cidadá, favorecerá a mobilidade e os desprazamentos nesta área industrial e ofrecerá novas facilidades para que as industriais alí asentadas poidan medrar. A mellora das conexións suporá novas oportunidades para que o polígono se converta en polo de atracción de novos investimentos na provincia de Ourense e de toda Galicia.

23 de decembro de 2015 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.