Lara Méndez pon en común con veciños e empresarios da Ponte accións de impulso á zona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Lara Méndez na reunión con representantes dos empresarios e veciños

Lara Méndez na reunión con representantes dos empresarios e veciños

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este xoves un encontro con representantes da asociación de veciños e de empresarios da estrada vella de Santiago, no barrio da Ponte, unha reunión que se enmarca na rolda de xuntanzas da rexedora co tecido socioeconómico da cidade e que serviu para poñer en común as posibles accións de impulso á zona. As demandas dos veciños e empresarios pasan fundamentalmente por melloras na ordenación urbanística da zona para favorecer a accesibilidade. Alcaldesa e representantes veciñais e empresariais acordaron manter novos contactos nos vindeiros meses para concretar actuacións. 

17 de decembro de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.