Lara Méndez felicita o Nadal aos usuarios e profesionais do Centro de Día Antonio Gandoy

A alcaldesa de Lugo na visita ao centro
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitaron este venres o Centro de Día Antonio Gandoy, integrado nas dependencias do Centro de Convivencia Maruja Mallo, para felicitarlle aos usuarios e profesionais deste servizo o Nadal e desexarlles unas Felices Festas.
Durante a visita, Méndez e González Abelleira fixeron entrega aos usuarios duns pequenos agasallos. Posteriormente, comprobaron o espírito do Nadal que se vive no centro de día, pois os maiores cantaron unha panxoliña.
Pola súa banda, a Alcaldesa e a Concelleira recibiron cadansúa postal e unha árbore de Nadal realizada polos usuarios en obradoiros de manualidades.











