Lara Méndez atende as peticións dos veciños da zona norte da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Lara Méndez na reunión coa Asociación Albeiros

Lara Méndez na reunión coa Asociación Albeiros

A Alcaldesa, Lara Méndez, dentro da súa rolda de encontros con colectivos sociais e empresariais da cidade, mantivo este mércores unha reunión coa presidenta da Asociación de Veciños As Gándaras, Ponte Romai, Albeiros, Virxe da Soidade, Belén Ramos. Ao encontro tamén asistiron outros dous representantes deste colectivo.

Durante o encontro, a rexedora atendeu as peticións e inquietudes dos veciños e veciñas da zona norte da cidade. “Escoitar ao tecido asociativo do Concello é esencial para promover iniciativas de futuro para o noso municipio”, asegurou Méndez.

9 de decembro de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.