José Miñones foi elixido vogal da Comisión de Mobilidade e Accesibilidade na FEMP

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal Portada
A-
A+

O alcalde de Ames, José Miñones, foi escollido polo PSOE para actuar, na súa representación, como vogal da Comisión de Mobilidade e Accesibilidade na Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

A FEMP articúlase en cinco direccións xerais das que dependen distintas subdireccións ou áreas temáticas. A Comisión de Mobilidade e Accesibilidade depende da Subdirección de mobilidade e territorio. Os vogais das Comisións reúnense en Madrid, na sede da FEMP en Madrid, cada tres meses para debater problemas comúns das entidades territoriais.

A Comisión de Mobilidade e Accesibilidade, na que será vogal José Miñones, estuda a mellora da accesibilidade e conexións en aldeas, vilas e cidades, para facilitar os cidadáns e as cidadás unha vida autónoma e o gozo e uso, sen discriminación, dos servizos da localidade e do entorno.

9 de decembro de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.