José Luís Mateo participa na entrega dos Premios Solidarios Cenor

Entrega dous premios solidarios Cenor
O Rio Natura Monbus Obradoiro, representado polo seu director xeral José Luís Mateo, acompañou a Cenor electrodomésticos, membro do Club de Empresas Obradoiro, na tradicional entrega dos seus Premios Solidarios.
Dando visibilidade á súa faceta máis social, o grupo empresarial reuniu no Hostal dos Reis Católicos a uns poucos amigos para celebrar a gala de entrega da iniciativa. O acto, conducido pola Directora de Mercadotecnia, Ana Caruncho, e clausurado polo Xerente, Javier González, concedeu por terceiro ano consecutivo premios económicos por importe de 10.500€ a organizacións que presentan proxectos solidarios que comparten os valores da empresa: esforzo e traballo.
Nesta ocasión os premiados foron a Residencia arousá Divina Pastora, Amicos e Obra San Martín, entidade sen ánimo de lucro fundada en Santander.
Cenor electrodomésticos continúa así apostando pola solidariedade e o compromiso como un dos puntos crave da súa marca. A súa liña de comunicación Somos Diferentes, bandeira de todas as iniciativas que defende como empresa ante a sociedade, continúa ano tras ano a través do deporte, co Rio Natura Monbus Obradoiro como exemplo, e dos seus premios solidarios.











