Javier Estévez gaña o concurso de Postais de Nadal de Ourense

Postal gañadora
O premio do Concurso de Postais de Nadal, impulsado pola Concellería de Educación, recaeu este ano en Javier Estévez Suárez, do centro da Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO). Esta mesma mañá celebrouse, nas instalacións do centro, e coa presenza da concelleira Belén Iglesias, a entrega do premio: un lote de libros e a impresión do debuxo realizado na postal coa que o Concello de Ourense felicita as festas, así como material didáctico para a súa aula.
O xurado, presidido pola propia concelleira, valorou os debuxos presentados e, seguindo as bases do concurso, acordaron propoñer como gañador a Javier Estévez Suárez, “por ser un traballo limpo e directo, cun concepto ben definido do Nadal, e adaptándose ao formato da postal”. Ao xurado chamoulle a atención, así mesmo, a “atención a calidez da composición final”.
Ao certame, que cada ano vai dirixido a unha idade concreta da etapa formativa, presentáronse 300 traballos de 9 centros educativos da cidade.











