Inaugúrase na Área Panorámica unha exposición fotográfica de Miguel Núñez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Ás oito desta tarde inaugúrase na Sala Anexa de Exposicións da Área Panorámica unha nova mostra, nesta ocasión da man do fotógrafo Miguel Núñez baixo o título “Illas, náufragos invisibles”. O acto contará coa presenza da concelleira de Cultura de Tui, María José González, e do propio fotógrafo.

A exposición, que estará aberta ó público ata o 10 de xaneiro, poderase visitar en horario de 10h a 14h e de 17h a 20.30h. 

Nesta mostra fotográfica Miguel Núñez expresa a sensación de naufragar, xa que somos illas, e en ocasións naufragamos condenados á deriva. Entón é cando aparece algo ou alguén, senón desaparecemos co noso pasado, sen futuro. Segundo o fotógrafo a eles vai dedicado este grito, ós “invisibles”, ós que non lograron salvarse aínda, ós que deambulan ó outro lado da fronteira, de onde non se volta, da sutil liña divisora que te leva a unha vida sen futuro e ausente de horizontes, sen unha táboa á cal aferrarse que te empurra ó naufraxio, á nada que é ser un invisible.

 

18 de decembro de 2015 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.