Imputan ao presunto autor dun incendio forestal en Mos
Axentes da Policía Autonómica da xefatura de Vigo imputaron o presunto autor do incendio forestal rexistrado o pasado 3 de decembro na parroquia de Torroso do concello pontevedrés de Mos. Segundo informou a Xunta, o lume produciuse por neglixencia na realización dunha queima no lugar de Outeiro, que inicialmente fora comunicado como queima agrícola.
O incendio comezou pasadas as 16.00 horas do día 3 de decembro e foi extinguido case unha hora despois, afectando a unha superficie aproximada de 1.700 metros cadrados de piñeiros e matogueira.
Polos feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidos ao Xulgado de Instrución número 1 do Porriño. No que vai de ano a Policía imputou 71 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.











