Galicia recorda a Blanco Amor no 36º aniversario do seu pasamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+
Acto de lembranza do escritor

Acto de lembranza do escritor

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu esta mañá no acto de lembranza a Eduardo Blanco Amor, no día en que se cumpren 36 anos do pasamento do escritor. Promovida polo Centro PEN Galicia, a homenaxe celebrouse ao pé da campa onde está soterrado o autor d’A esmorga no cemiterio ourensán de San Francisco, e rematou cunha ofrenda floral.

O Concello de Ourense, a Deputación de Ourense, veciñas e veciños da cidade, e alumnado do IES Blanco Amor, entre outros, participaron no acto conmemorativo.

A xornada de homenaxe completarase esta tarde coa entrega do XXXIV Premio de Novela Blanco Amor ao escritor Xavier Queipo, ás 20:30 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

1 de decembro de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.