Finalizan sete meses de traballo nos xardíns do persoal contratado entre os perceptores da Risga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Ocupáronse do coidado e mantemento dos xardíns de Daniel da Sota, Santa María, chalé Fontoira, e A Barca durante os últimos sete meses e fixérono con atención e profesionalidade. A concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, acompañada do concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, agradecéronlle o traballo realizado e mesmo visitaron con eles os xardíns de Santa María onde sementaron o céspede da estatua que lembra o antigo lampán dos xudeos.

O Concello incluíu na súa bolsa de emprego 2015 a un grupo de traballadores seleccionados de entre os perceptores da Risga que foron integrados nas brigadas municipais de xardíns.

Os beneficiarios das contratacións foron: Gwendolina Soto, Amalia Rosa Jiménez, María Jesús Correa, Aurora Félix dos Santos, Carmen Iglesias, Susana Galobardes e Ángel Gómez López.

18 de decembro de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.