publicidade hoxe

Finaliza o prazo para anotarse no roteiro de Nadal polo comercio local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A primeira edición do Roteiro de Nadal que organizan o Concello da Laracha e a Asociación de Comercio, Servicios e Industria da Laracha (ACSIL) celebrarase este sábado pola mañá.

A iniciativa pretende o dobre obxectivo de ofrecer unha actividade lúdica ao público infantil e aos seus familiares ao mesmo tempo que se pon en valor e se potencia os establecementos comerciais da capital municipal, mostrando aos asistentes todas as posibilidades que ofrece ao consumidor.

O sábado ás 10:30 sairase do baixo da biblioteca municipal da Laracha e realizarase o percorrido –tipo gincana- con xogos e propostas lúdicas para os rapaces. O remate está previsto en torno ás 13:30 horas. 

A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse previamente no Concello e o prazo remata mañá venres. 

A actividade, incluída no programa de Nadal municipal, vai dirixida a rapaces maiores de cinco anos de idade. Os que sexan menores de doce anos deberán ir necesariamente acompañados dunha persoa adulta.

17 de decembro de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.