Festival de Panxoliñas na Igrexa Santa María da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Como xa é Tradicional no Nadal da vila, un ano máis, a  Agrupación Coral Polifónica da Guarda, coa colaboración do Concello e da Igrexa Santa María de A Guarda, organiza o “Festival de Panxoliñas”.

A cita é este sábado, 20 de decembro, ás 17,30 horas na Igrexa.

O evento estará presentado polo párroco Don Jesús García Villadóniga e contará coas actuacións da Coral Polifónica da Guarda, do Coro Infantil dos Padres Somascos, do coro do Clube da Terceira Idade, de Arpegios Contabile e do Grupo Antorcha.

O espectáculo é de balde e se espera que sexan moitos os veciños e veciñas da vila os que se acheguen a escoitar as panxoliñas e sinta o espírito do Nadal.

 

16 de decembro de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.