Ferreiro conversa co escritor Owen Jones sobre as novas formas de facer política

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Xulio Ferreiro na reunión con Owe Jones

Xulio Ferreiro na reunión con Owe Jones

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reuniuse na mañá deste martes co escritor británico Owen Jones, autor de obras de grande influencia en todo o mundo como Chavs: a demonización da clase obreira . O rexedor indicou que na xuntanza ambos os dous falaron e analizaron “a actualidade política, a europea e a do Estado”. O primeiro edil coruñés recoñeceuse como un lector dos libros de Jones, polo que estaba “moi interesado en coñecer a súa opinión”. “Tamén falamos sobre o xurdimento de novas formas de facer política dentro do Estado español”, comentou ante a prensa, nunha comparecencia posterior á reunión. “É un orgullo para este Goberno local que figuras da talla de Owen Jones se interesen pola política e as liñas de traballo que seguimos dende aquí”, engadiu.

Pola súa banda, Jones manifestou sentirse “moi inspirado pola aparición de novas formas de facer política”, que considera un exemplo “tanto para o resto do Español como para toda Europa e o Reino Unido”. “Son políticas tanto inspiradoras, como esperanzadoras”, indicou o autor británico.

15 de decembro de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.