publicidade hoxe

Feijóo reivindica ao Partido Popular como a candidatura de certezas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoVilalba
A-
A+
Europa Press

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este luns en Vilalba (Lugo) ao Partido Popular como a “candidatura de certezas”, mentres que as outras nove, segundo afirmou, “son dúbidas e preguntas sen resolver”. Nun almorzo informativo, Feijóo erixiu ao PP como “capaz de garantir saber que Mariano Rajoy será o presidente”, cun “proxecto de goberno” e con “propostas de futuro” para Galicia e España, segundo sinalou o PP nun comunicado.

Fronte a iso, o líder dos populares galegos advertiu de que as outras nove candidaturas “non teñen respostas e farían candidato á Presidencia a calquera con tal de non cumprir a vontade maioritaria”, segundo destaca o PP.

No almorzo informativo Feijóo presentou ao cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Lugo, Joaquín García Díez, e ao candidato número un ao Senado pola mesma provincia, José Manuel Barreiro.

Feijóo fixo fincapé en que hoxe a provincia luguesa é noticia porque o Partido Socialista e o BNG levan meses “pelexando entre eles” ou porque “a única preocupación do PSOE era facer unha moción de censura na Deputación”, recolle o PP na súa nota.

Nese sentido, o presidente do PPdeG reprochou que os “socialistas deixaron de pensar nos problemas dos veciños para pensar só nos seus propios, sendo incapaces de gobernar o seu partido”. E engadiu que o BNG “está disposto a calquera cousa con tal de rabuñar un pouco de poder”.

BIPARTITOS OU TRIPARTITOS

Así mesmo, na súa intervención Feijóo sinalou que nestas eleccións está en xogo que o “desastre” da Deputación de Lugo “non se repita” no Goberno central. Respecto diso, o presidente popular sostivo que os bipartitos e os tripartitos “son un xogo de estratexia entre políticos onde os derrotados sempre son os cidadáns”. Por iso, criticou que estas forzas “minoritarias”, segundo destaca o PP no seu comunicado, “deciden o futuro de todos a través de desgoberno e inacción”.

No acto en Vilalba, reivindicou, así mesmo, que Lugo conta “cunha Xunta e un Goberno central que levan anos traballando pola provincia”. Así, lembrou que puxeron “en servizo a autovía A-8”, investíronse máis de 230 millóns de euros “para unir Lugo con Santiago mediante a A-54”, completouse a vía das prestacións Sarria-Monforte-Lugo e “impulsaron o polo tecnolóxico das Rozas”.

14 de decembro de 2015 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.