Feijóo pide aos seus concelleiros e afiliados de Ferrolterra un esforzo para levar a bo porto a España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Europa Press

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pediu “un último esforzo” aos alcaldes e voceiros municipais das bisbarras de Ferrolterra, Eume e Ortegal, ademais de aos interventores desta formación política na cidade de Ferrol, para lograr, co seu apoio, “unha vitoria nas eleccións do próximo domingo”.

Nun almorzo en Ferrol, Feijóo estivo acompañado polo presidente do PP en Ferrol e director de campaña dos populares galegos, José Manuel Rey Varela, e polo número tres da lista electoral dos populares pola provincia da Coruña ao Congreso, Juan Juncal.

Núñez Feijóo instou os participantes a “trasmitir a todos a necesidade de levar a bo porto a este barco, que é España”, recordando que, ao longo dos últimos catro anos, “tivemos que atravesar tormentas e tempestades”, con mareas complicadas”.

Pero, matizou,”a pesar diso, logramos continuar a viaxe cun gran capitán”. Así, o obxectivo da “chegada a porto pasa polos 20 millóns de empregos, a razón de medio millón por ano, en 2020”, ademais da “garantía das pensións, da solvencia do noso país e dunha España igual na que ninguén está por enriba de ninguén”.

OUTRO MODELO

Fronte a o proposta do Partido Popular, Núñez Feijóo asegurou que hai outro modelo, que “en Ferrol xa o estades a padecer”, onde “se reparte o poder e onde se formulan distintas visións e posibilidades”.

“O modelo (dalgúns) é o sistema político de Venezuela, que non ocultan, aínda que en campaña electoral non o din”, en alusión a Podemos. Mentres, no caso do PSOE “queren estar no goberno, independentemente do que aconteza, para que non os boten do partido”.

Do BNG asegurou que “necesitan estar no Goberno para non desaparecer”, mentres que “outros, o que buscan é unha acta de deputado e que non goberne o partido das maiorías”.

A todos eles os acusou de buscar “apropiarse do leme, sen previamente pactar o rumbo”, o que segundo Feijóo “é o peor que lle pode pasar a este país de 47 millóns de habitantes” e sen “levarnos a un porto previamente fixado”, sentenciou.

18 de decembro de 2015 | 12:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.