Extinguido o incendio forestal rexistrado en Chandrexa de Queixa
A Consellería do Medio Rural informa da extinción do lume rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa. O lume iniciouse onte ás 19:08 horas da tarde e quedou finalmente extinguido ás 17:05 horas desta tarde. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 50 hectáreas de monte raso. Na súa extinción participaron 5 axentes forestais, 13 brigadas e 1 motobomba.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.