Este venres finaliza o prazo para inscribirse no mini campus de baloncesto do CB A Mahía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

Este venres, 18 de decembro, remata o prazo de inscrición para participar no mini campus de baloncesto que organiza o Clube de Baloncesto A Mahía. A actividade desenvolverase ao longo dos días luns 22 e martes 23, e tamén luns 29 e martes 29, en horario de 16:00 a 18:00 horas. O lugar do encontro será o Pavillón Municipal de Bertamiráns. Eses días rapaces e rapazas terán a oportunidade de practicar o baloncesto, participar en xogos, sorteos e moitas outras actividades. O prezo da asistencia é de 20 euros, agás para os socios do CB A Mahía, que poderán participar de forma gratuíta. Aqueles e aquelas que desexen participar poderano facer no teléfono 630938861

 

16 de decembro de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.