Díaz Mouteira mantén unha reunión co presidente da Cámara de Comercio de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Díaz Mouteira na reunión co presidente da Cámara de Comercio

Díaz Mouteira na reunión co presidente da Cámara de Comercio

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo hoxe unha xuntanza co presidente da Cámara de Comercio, Juan Carlos Parada. Este encontro enmárcase dentro da rolda de reunións que está a celebrar cos principais representantes das entidades ourensás desde que o pasado mes de outubro tomou posesión como nova responsable do Goberno galego na provincia. Na xuntanza abordaron diversos aspectos nos que ambas institucións están implicadas e analizaron liñas de cooperación para favorecer a actividade comercial na provincia.

18 de decembro de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.