publicidade hoxe

Detido un veciño de Mos tras aparecer a súa muller morta no domicilio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMosSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil detiveron un veciño de Mos (Pontevedra) pola súa suposta vinculación coa morte violenta da súa muller, de 69 anos de idade, que recibiu varios golpes na cabeza, segundo confirmaron fontes da investigación.

As mesmas fontes sinalaron que na noite do martes, pasadas as 22.00 horas, este home, F.A.C., presentouse no cuartel da Garda Civil en Mos e denunciou que atopara a súa esposa morta no domicilio familiar, na parroquia de Tameiga.

A muller, M.R.B., presentaba varios golpes na cabeza e, aínda que o seu marido non se inculpou por estes feitos, os primeiros indicios e pescudas da Garda Civil levaron aos axentes a arrestalo horas despois pola súa suposta relación co falecemento. A investigación segue aberta.

30 de decembro de 2015 | 10:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.