publicidade hoxe

Continúa aberto o prazo de inscrición no curso gratuíto para deixar de fumar en Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia informa que continúa aberto o prazo de inscrición do curso de carácter gratuíto que organizan os Servizos Sociais Comunitarios para deixar de fumar. As persoas que desexen asistir van contar coa axuda dun equipo de profesionais que deseñarán un plan personalizado adaptado ás necesidades de cada persoa.

Xogos de roles, vídeos ou a experiencia en primeira persoa son algunhas técnicas que utilizarán os expertos, un completo programa para deixar o tabaco, abordando facetas como a adicción física, a dependencia psicolóxica e o costume social.

Será no mes de xaneiro cando comece, en horario de tarde (os xoves) na Casa de Cultura de Ribadumia e cunha duración de 7 sesións de hora e media. O curso é gratuíto e para inscribirse hai que pasar polo Servizos Sociais do Concello ou chamar aos teléfonos 986 718 491, en horario de 08.00 a 15.00 horas. O prazo de inscrición conclúe o vindeiro 17 de decembro.

10 de decembro de 2015 | 11:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.