publicidade hoxe

Comezan os obradoiros e xogos polo Nadal na sala Domínguez Búa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Concello de Bueu volve organizar os Obradoiros e xogos polo Nadal, no que unha vintena de nenos e nenas de entre 3 anos (xa escolarizados) e 12 anos gozarán gratuitamente de actividades lúdicas ao tempo que aprender valores relacionados coa igualdade, a educación, a amizade e o traballo en grupo ou nocións medioambientais.

As inscricións ábrense hoxe no servizo de cultura de 10 a 14 horas, e os obradoiros desenvolveranse a partir de mañá e ata o 5 de xaneiro, agás os sábados, domingos e festivos, na sala Domínguez Búa.

As actividades a desenvolver van desde as manualidades e adornos de Nadal,  Master Chef, Belén de Nadal, conta contos e teatro, xogos en grupo e xogos pre-deportivos, expresión musical e panxoliñas, confección de regalos navideños, ata a Carta a Papa Noel e Reis Magos, música e xogos tradicionais, pintura e debuxos, festa fin de ano e Reis Magos, visita de Papa Noel e Paxe Real, e o xogo do “furor” por equipos mixtos.

O cronograma dos obradoiros segundo os días pode descargarse na páxina web do Concello xunto ao documento de inscrición.

21 de decembro de 2015 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.