Comeza con forza o atletismo na pista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Este fin de semana por toda a xeografía nacional e galega, celébranse numerosas competicións atléticas tanto de pista cuberta como de pista ao aire libre, os campionatos autonómicos de inverno están ao virar a esquina e xa se está un pouco canso de só adestrar, toca competir para afrontar en xaneiro os Campionatos de Galicia e en febreiro os nacionais de pista cuberta.

Mañá sábado no Estadio de Balaídos de Vigo, veremos a boa parte dos atletas da Escola Municipal da Sociedade Ximnástica no Trofeo Solidario de Nadal, serán tres horas de competición de 10 da mañá até a unha.

O domingo pola mañá, no módulo cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, celébrase o Trofeo Verxel de Nadal, aquí veremos aos maiores da Ximnástica nas súas primeiras competicións da tempada.

A localidade portuguesa de Braga, celebra o sábado pola tarde o seu tradicional Torneo de Apertura de pista cuberta, no Parque de Exposicións e o domingo outra xornada atlética centrada nas categorías menores.

E non nos esquezamos de prazas como Madrid, Sevilla ou Valencia; onde tamén estará a competir algún ximnástico.

18 de decembro de 2015 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.