publicidade hoxe

Clausúrase en Forzáns o curso de alfabetización informática e internet no que participaron 25 alumnos maiores de 60 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
O alcalde de Ponte Caldelas na clausura do curso

O alcalde de Ponte Caldelas na clausura do curso

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, participou no acto de clausura do curso de alfabetización informática e internet organizado pola Asociación Cutural O Torreiro de Forzáns, dentro do programa “Pensa en Ti” da Deputación de Pontevedra onde participaron 25 alumnos maiores de 60 anos, que nunca antes se sentaran diante dun ordenador.

Durante a súa visita, o alcalde puido comprobar como os asistentes ao curso ían coñecendo as distintas ferramentas e elementos que acompañan ao computador e asistiu en directo a unha clase na que os alumnos debían aplicar diversas aplicacións relacionadas co tratamento de texto e o correo electrónico. Este curso complementa a outro celebrado con anterioridade de iniciación á informativa promovido tamén por esta asociación cultural e que contou coa colaboración do Concello de Ponte Cadelas e a Deputación de Pontevedra.

AGRADECEMENTO AO ALCALDE POR DOTAR DE INTERNET AO CENTRO CULTURAL DE FORZÁNS

Os asistentes ao curso aproveitaron a presenza do alcalde,  Andrés  Díaz, para agraderlle as súas xestións para que o Centro Sociocultural de Forzáns contara, despois de 4 anos e medio da súa inauguración e peticións reiteradas ao Concello ao respecto, con acceso a internet. O rexedor dixo que fora unha das súas promesas ao pouco tempo de chegar a Alcaldía e que “se pudo cumprir, como outras moitas que vos fixen e que estamos traballando para que sexa unha realidade no prazo de tempo más curto posible”, asegurou Andrés Díaz.

Os alumnos do curso, veciños desta parroquia, agradeceron tamén a colaboración da Deputación e do Concello para que puidesen desenvolverse este tipo de iniciativas como o programa “Pensa en Ti” que contribúen non só a aumentar a oferta lúdica e formativa das asociacións senón que dinamizan tamén a súa vida interna fomentando a participación dos veciños en actividades que despertan gran interese.

O obxectivo do curso eran que os usuarios coñezan o funcionamento do computador e poidan ao finalizar a súa asistencia realizar tarefas básicas para o seu normal uso tanto no tratamento de textos, navegar por internet, enviar e recibir correos electrónicos como solicitar unha cita médica de xeito telemático.

Ao finalizar o curso, os asistentes agasallaron aos seus monitores cunha improvisada merenda e agradecéronlles a paciencia e os ensinos transmitidos.

14 de decembro de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.