publicidade hoxe

Celebra o Nadal coa Biblioteca Municipal de Mugardos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMugardos
A-
A+

O día 21 de decembro faremos un obradoiro de chapas de Nadal, para nen@s entre 5 e 12 anos.  Será na OMIX de 18:00 a 20:00. Os monitores/as guiarán unha sesión de elaboración de chapas con deseños e debuxos típicos do Nadal e na que cada participante coloreará o seu e despois convertirá en chapa.

O día 29 de decembro haberá contacontos, obradoiro de adornos e xogos para nen@s entre 5 e 10 anos. Celebrarase na OMIX de 18:00 a 20:00. (É unha actividade límitada, haberá que apuntarse na biblioteca no seu horario habitual)

Contacontos: Sesión desenvolta en galego e dunha duración aproximada de media hora. O trasgo Paca amenizará os momentos máxicos do Nadal.

Obradoiro: Obradoiro de adornos navideños. Faranse coloridos e artesanais adornos para a árbore de Nadal.

Gymkana: Os trasgos encargaranse de dinamizar con xogos, probas variadas, dinámicas grupais, cancións, etc… ambientados nesta época do ano.

18 de decembro de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.