publicidade hoxe

Cela celebra unha nova edición do Certame de Corais de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Celado organiza o seu XI Certame de Corais de Nadal 2015, que se celebrará mañá martes, 8 de decembro, ás 17.00 horas no local da Asociación.

O certame musical contará coas actuacións do Coro Infantil Voces Brancas de Cela acompañado polo Cuarterto Aghárrate Sax de Torroso, da Coral Polifónica Os Penediños de Atios-Porriño, da Coral Polifónica Ventos do Val de Petelos e da Coral Polifónica Novas Voces de Cela.

Os asistentes ós concertos poderán tamén disfrutar da exposición dun Belén artesán realizado por Merchy Barbosa.

7 de decembro de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.