Catro titulados universitarios e de fFP realizarán prácticas no Concello de Vilagarcía a través do plan provincial 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Tres titulados universitarios e un de Formación Profesional poderán mellorar as súas condicións de empregabilidade, complementar a súa formación e experiencia laboral e ampliar o seu currículo mediante as contratacións que realizará o Concello de Vilagarcía ao abeiro do Plan de Prácticas Provincial para o ano 2016. A Xunta Local de Goberno aprobou o luns solicitar os 4 bolseiros que lle corresponden a Vilagarcía en función do seu número de habitantes. As contratacións realizaranse unha vez que a Deputación resolva as solicitudes presentadas polos concellos da provincia e seguindo os criterios que se establecen nas bases da convocatoria.

As titulacións demandadas polo Concello de Vilagarcía son Licenciatura/ Grao en Ciencias da Actividade Física e Deporte, Ciclo Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede, Diplomatura/Grao en Maxisterio de Educación Primaria e Diplomatura/ Grao en Traballo Social.
Os catro seleccionados incorporaranse respectivamente á Fundación de Deportes, á Concellería de Formación e Emprego, á Concellería de Educación e a Servizos Sociais.

Segundo establecen as bases da convocatoria, as contratacións realizaranse por período de 6 meses, prorrogables outros 6, na modalidade de bolseiros. 

9 de decembro de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.