Caballero destaca que a autodeterminación é inasumible para o PSOE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincia (FEMP), Abel Caballero, subliñou este martes que a autodeterminación en España é unha condición “en todo punto inasumible” para o PSOE e que se algunha forza política a formula como condición para negociar un posible pacto de goberno “é porque non quere pactar” cos socialistas.

Así respondeu o rexedor olívico a preguntas dos medios sobre a situación política xerada tras as eleccións do 20 de decembro nas que, recordou que “os cidadáns fixeron ao PP primeira forza en España” pero dándolle un “inmenso castigo”, cunha “caída dramática de deputados”.

Abel Caballero sinalou que “a opción de Pedro Sánchez” ten que empezar a funcionar” se se constata que Mariano Rajoy e o PP non conseguen apoios para gobernar. “Dende logo, nós ímoslle votar que non, os deputados do PSOE non van apoiar a investidura de Rajoy ou de calquera outro candidato do PP, porque non compartimos o seu proxecto”, recalcou.

A partir de aí, o alcalde de Vigo indicou que “hai cuestións obvias”, como que o PSOE non negociará, “de ningún modo”, con ningún grupo “que propoña a autodeterminación”. “Ese é un proceso que criamos felizmente descartado en España hai 35 anos, e que algún grupo político quere revivir agora, pero non forma parte do proxecto do PSOE en absoluto”, insistiu.

29 de decembro de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.